Coidar a saúde mental a través do movemento: o que a ciencia xa sabe
Non é metáfora. Non é “filosófico”. É bioloxía pura.
Cando moves o corpo con intención, nunha contorna segura e sen esixencias externas, pasan cousas medibles no teu sistema nervioso. Baixa o cortisol. Aumenta a serotonina. A resposta de alarma do sistema nervioso autónomo modúlase. O teu corpo sae do modo supervivencia e entra en modo presenza.
O que pasa no teu sistema nervioso cando te moves
A Organización Mundial da Saúde leva décadas documentando a relación entre actividade física regular e saúde mental. Os datos son consistentes: o movemento mellora o estado de ánimo, reduce a ansiedade e mellora a calidade do soño.
En palabras máis sinxelas: sentirte mellor despois dunha clase non é casualidade. É o teu corpo facendo exactamente o que está deseñado para facer.
Non todo movemento ten o mesmo efecto
Aquí hai un matiz importante que raramente se menciona. O movemento que vén do castigo, da comparación ou da esixencia pode ter o efecto contrario: máis tensión, máis ansiedade, máis insatisfacción co propio corpo.
Por iso en Fluiria o contexto da práctica importa tanto como a práctica en si. Non é só o que fas. É como te tratas mentres o fas. E esa diferenza é a que determina se o movemento se converte nunha ferramenta de coidado ou nunha fonte máis de estrés.
Cómo traballamos o benestar emocional en Fluiria
En todas as nosas disciplinas —yoga, pilates de forza e danza do ventre— o punto de partida é o mesmo: o teu corpo tal e como está hoxe. Sen comparacións, sen obxectivos estéticos, sen presión de rendemento.
Iso crea un contexto no que o sistema nervioso pode relaxarse. E cando o sistema nervioso se relaxa, o movemento faise máis fácil, máis fluído e moito máis beneficioso.
Podes coñecer mellor o noso enfoque e as nosas actividades en fluiria.com/servicios, ou saber máis sobre quen está detrás de Fluiria en esta páxina.

Moverse con coidado é un acto político
Vivimos nunha cultura que asocia o movemento ao sacrificio. Que valora o esforzo visible, o suor, o límite superado. E ás veces esquecemos que hai outra forma de moverse: dende a escoita, dende a curiosidade, dende o respecto.
Esa forma tamén é válida. E para moitas persoas, é a que finalmente sostén unha práctica a longo prazo.
Estamos en Rúa das Pesqueiras n6, Bertamiráns, Ames. Escríbenos a fluiria@gmail.com ou chámanos ao 626 979 828.




