Preparar o corpo antes do embarazo: o que o movemento pode facer por ti
Falamos moito de coidarse durante o embarazo. Falamos pouco de coidarse antes. E sen embargo, o que fas co teu corpo nos meses previos ten un impacto real en cómo vives ese proceso.
Non se trata de “poñerse en forma”. Trátase de chegar con recursos.

Por que a preparación previa importa
A capacidade de adaptación do teu organismo, a forza que terás dispoñible, a facilidade ou dificultade que pode ter o traballo de parto e a recuperación posterior están relacionadas co estado do teu corpo antes de quedares embarazada.
A Organización Mundial da Saúde recomenda a actividade física regular como parte do coidado da saúde reprodutiva. O movemento consciente e sostido prepara o corpo para os cambios que virán.
O chan pélvico: o gran esquecido
O chan pélvico é o conxunto de músculos que sostén os órganos pélvicos, controla o esfínter e xoga un papel fundamental no traballo de parto e na recuperación postparto.
Telo activo, consciente e ben coordinado —non só “forte”, senón funcional— é un dos maiores agasallos que podes facerche antes de quedares embarazada. E é algo que se aprende e se adestra. Non chega só.
Mobilidade e conciencia corporal
A mobilidade da cadeira e a columna tamén é clave. Cando estas articulacións teñen un rango de movemento amplo e controlado, o corpo adapta mellor os cambios posturais e de peso que virán.
Ademáis, a conciencia corporal —a capacidade de escoitar o teu corpo, recoñecer tensións e soltalas— é unha habilidade que non se aprende en días. Por iso ten sentido comezar antes de que chegue o momento de necesitala.
Como te acompañamos en Fluiria
En Fluiria podemos acompañarte nesa preparación a través do pilates de forza, o yoga e outras prácticas de movemento consciente. Non como protocolo médico —para iso tes ao teu equipo de saúde— senón como práctica de coidado e coñecemento do teu propio corpo.
Podes ver as nosas actividades en fluiria.com/servicios e coñecer quen está detrás de Fluiria en esta páxina.
Estamos en Rúa das Pesqueiras n6, Bertamiráns, Ames. Escríbenos a fluiria@gmail.com ou chámanos ao 626 979 828.



