Yoga para non ioguis: o que ninguén che explica antes de empezar
Mitos, realidades e por qué o yoga é moito máis que estiramentos e posturas bonitas
Por que o yoga non é o que imaxinas
Cando a xente pensa en yoga, imaxina alguén nunha postura imposible cunha iluminación perfecta e cara de paz interior absoluta. A realidade é bastante diferente. E moito máis interesante.
O yoga como ferramenta de autocoñecemento
O yoga é, ante todo, un sistema para coñecer o teu propio corpo. Non para dobralo ata onde non chega, senón para escoitar o que che di cando o moves. A Organización Mundial da Saúde leva décadas documentando como o movemento consciente mellora tanto a saúde física como o benestar mental.
O que ninguén che conta antes da primeira clase
Non tes que ser flexible para empezar. A flexibilidade é consecuencia do yoga, non requisito para practicalo. Moitas persoas chegan convencidas de que “non chegan a ningún lado” e descubren que o seu corpo sabe moito máis do que cría.
Haberá momentos incómodos durante a práctica. Non de dor —a dor nunca é o obxectivo— senón de incomodidade. De estar co que é, sen escapar. Esa capacidade de permanecer tamén se adestra, igual que calquera outra habilidade física.
E si, ás veces vai haber posturas que non saen. Iso non significa que non es boa en yoga. Simplemente significa que acabas de descubrir algo máis no que crecer.

Hatha-Vinyasa: movemento con sentido
En Fluiria traballamos o estilo Hatha-Vinyasa, unha das formas de yoga máis completas e accesibles para quen comeza. O Hatha traballa a postura, a respiración e a conciencia corporal de forma pausada e precisa. Pola súa banda, o Vinyasa encadea eses movementos en secuencias fluídas, conectando o alento co movemento.
O resultado é unha práctica que fortalece, que estira e que esixe presenza. Non é yoga decorativo. É yoga que se sente no corpo.
Esta combinación é especialmente axeitada para persoas que buscan algo máis que estiramentos: unha práctica con profundidade física e mental, adaptable a todos os niveis e puntos de partida.
Por que Fluiria non é un ximnasio convencional
Moitas persoas que nos buscan en Bertamiráns probaron antes outros espazos de movemento sen sentirse cómodas. Demasiada competencia, demasiado foco no resultado, pouca atención ao proceso.
En Fluiria o enfoque é diferente. Aquí non traballamos para cambiar como te ves. O que buscamos é que te muevas mellor, que te sintas máis presente no teu corpo e que disfrutes do camiño. Iso aplícase ao yoga, ao pilates de forza e á danza do ventre.
Podes ver todas as nosas actividades en fluiria.com/servicios, escribirnos a fluiria@gmail.com ou chamarnos ao 626 979 828. Estamos en Rúa das Pesqueiras n6, Bertamiráns, Ames.



