Hai moitas formas de mover o corpo. Nós eliximos as que fan que te sintas ben dentro del.
Fluiria naceu dun convencemento moi simple: o movemento non é un castigo nin un obxectivo estético. É unha forma de escoitarse, de habitarse, de estar no mundo con máis tranquilidade.
Aquí non tes que ter experiencia previa. Non tes que caber nunha talla concreta. Non tes que ser flexible nin coordinada nin nada que non sexas xa.
O que ofrecemos é un espazo onde podes vir como es, aprender ao teu ritmo e descubrir que o teu corpo ten moito máis por dicirche do que cres.
Temos clases de yoga, pilates de forza, danza do ventre oriental, tribal fusion e FCBD, e moito máis. Pero sobre todo temos un equipo que crê que o benestar comeza polo respecto: cara a un mesmo e cara aos demais.
Se algunha vez sentiste que o deporte “non era para ti”, este espazo é para ti.
Estamos en Rúa das Pesqueiras n6, Bertamiráns, Ames. Escríbenos a fluiria@gmail.com ou chámanos ao 626 979 828.



